BARRIOS

Inícianse as obras nos barrios de Pontepedriña e San Lázaro

21/09/2012 A Concellería de Barrios vai executar unha serie de obras nos vindeiros meses en 17 barrios da cidade, cun investimento total previsto de 800.733 euros. As tres primeiras actuacións adxudicadas foron as de Sar, Pontepedriña e Amio-San Lázaro.

O concelleiro de Barrios, Juan de la Fuente, e o de Participación Cidadá, Francisco Noya, supervisaron o comezo dalgunhas destas actuacións e aproveitaron para conversar cos veciños a propósito das obras e das súas demandas para os seus respectivos barrios.

En Quiroga Palacios-Pontepedriña traballarase na zona deportiva e parque de León e na explanada do estacionamento, e colocaranse bancos. Estas obras foron adxudicadas por 40.692 euros.

Outra das intervencións, por 40.322 euros, afecta ao sector de Amio e San Lázaro. Actuarase na pista do Hotel Santiago Apóstolo; nas rúas Mira, Campos e Cubelo, na ruela da Muíña e na Canteira de Arriba.

As obras no barrio de Sar, adxudicadas por 24.535 euros, beneficiarán á zona de Picaños, á calzada de Sar e á zona recreativa da Colexiata.

Compartir: