CULTURA E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Chega o "Festival de Ritmos do Mundo"

05/05/2006 "Move’m Cult & Danza, festival dos ritmos do mundo" trae a Santiago un espazo de divulgación de diversas cultura a través do movemento, da música e da arte. Este singular evento pretende implicar ós composteláns grazas a un completo programa de actividades a desenvolver en lugares coma o Teatro Principal, os centros socioculturais ou as propias rúas e prazas.

A mestizaxe e a multicuturalidade son as notas máis destacadas deste evento, segundo apuntou o concelleiro de Cultura, Néstor Rego na súa presentación. Á mesma tamén asistiu a concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, quen recordou que é a terceira edición en que o Concello colabora co festival, organizado polo Centro de Danza Gaira.

Do 8 o 13 de maio, haberá obradoiros de danzas do mundo e de distintas formas de expresión como a caligrafía árabe, a percusión ou a papiroflexia. Tampouco faltarán os concertos, unha mostra gastronómica e mesmo un ritual de te saharauí.

Compartir: