DEPORTES

O Concello convida os composteláns a participar noutra edición do Día da Bicicleta

18/09/2012 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o XXII Día da Bicicleta, que terá lugar o domingo 7 de outubro. Os composteláns están convidados a sacar un ano máis as súas bicicletas á rúa e a participar nesta xornada de lecer e convivencia.

Lembrou Varela que non se trata dunha competición, senón dun paseo polas rúas de Compostela, con saída na rúa do Restollal e chegada na praza do Obradoiro. O percorrido comezará ás 11:00 horas.

Todos os interesados en participar poden inscribirse en El Corte Inglés Santiago, no Departamento de Deportes (planta baixa) ou na Concellería de Deporte (estadio de San Lázaro - Porta 1) en horario de 9:00 a 14:00 horas. O prazo de inscrición previa remata o sábado 6 de outubro ás 22:00 horas. Todos os inscritos previamente recibirán un agasallo conmemorativo

Os participantes que prefiran inscribirse o mesmo día da carreira poderán facelo ás 10:00 horas, na propia liña de saída, situada na rúa do Restollal, na fachada principal de El Corte Inglés Santiago.

Só se admitirá unha inscrición por persoa e a non participación na carreira ou a duplicidade da inscrición anulará automaticamente a participación no sorteo de bicicletas que se celebrará ao finalizar a marcha na praza do Obradoiro.

Máis información no enderezo de correo electrónico dptodeportes@santiagodecompostela.gal ou no teléfono 981 528 730.

Compartir: