ECONOMÍA

Ábrese o prazo de inscrición para o Curso de Mercadotecnia e Comunicación para PEMES

14/09/2012 A Concellería de Economía abre o prazo de inscrición para o Curso de Mercadotecnia e Comunicación para PEMES, acción formativa que se integra dentro do programa Santiago Investors Support, e que se desenvolverá en tres grupos na primeira quincena de outubro no edificio municipal CERSIA.

O curso ten por obxectivo amosar a importancia das variables da mercadotecnia (marketing) na xestión empresarial racionalizando a súa adopción nunha PEME para lograr que o seu uso redunde en crecemento e eficiencia empresarial

As temáticas que se tratarán no curso son: Da personalidade á promoción; Os acenos da identidade corporativa; A contorna da empresa; Producto: O resultado da actividade empresarial; Prezo: expresión monetaria para o troco; Praza e emprezamento, a arte de colocar o produto; Promoción ou como contarllo ao mundo, A linguaxe e a comunicación, A comunicación en prensa escrita, A comunicación audiovisual, A comunicación dixital e A Comunicación low-cost de guerrilla.

O curso diríxese a persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial e estudantes universitarios ou de formación profesional de Santiago. O curso é gratuíto e a inscrición pode facerse cubrindo o cuestionario correspondente en www.cersiaempresa.org.

Compartir: