EDUCACIÓN

Máis de 400 escolares fixeron uso dos servizos de comedor e de madrugadores na primeira xornada do curso

13/09/2012 O curso escolar comezou en Santiago con total normalidade. Do mesmo, xeito, sin incidencias, puxéronse en marcha os servizos de comedor e de madrugadores, que neste curso pasou a xestionar o Concello de Santiago.

Máis de 400 escolares fixeron uso deste servizo de comedor, dos que uns 200 utilizaron tamén o programa de madrugadores. Así o indicou o alcalde nunha visita que fixo ao CEIP Lamas de Abade, acompañado pola concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, respondendo a unha invitación do director do centro, Xosé Miguéns Esparís.

O alcalde tamén amosou a súa satisfacción polo inicio do curso "tranquilo" nos colexios de Santiago. Ademais, reiterou o compromiso municipal cos centros educativos, non soamente coas necesidades de mantemento, senón de implicación, como o demostra a xestión dos comedores e de actividades extraescolares.

Compartir: