MOBILIDADE

Inicio do prazo de recollida de tarxetas de aparcamento de residentes para os veciños do barrio da Almáciga

06/09/2012 O Departamento de Tráfico informa que, dende o luns 10 de setembro, os veciños da zona 4 - A Almáciga, que dispoñan da tarxeta de aparcadoiro de residente de zona verde, deberán pasar a recoller a nova tarxeta que substitúe á anterior. Ademais, recorda aos veciños das outras tres zonas con prazo xa a aberto e que aínda non recolleron as súas tarxetas, que deben pasar a retiralas.

Poderán recoller a nova tarxeta todas aquelas persoas que sigan cumprindo os requisitos esixidos na Ordenanza, é dicir, estar empadroados persoa e coche no mesmo domicilio para o cal obtiveron a súa primeira tarxeta. Aínda que non é necesario achegar unha nova documentación, dende o Concello fíxose unha revisión de todas as tarxetas entregadas e anularonse aquelas que a día de hoxe non cumprían algún dos dous requisitos mencionados anteriormente.

A recollida farase no Departamento de Tráfico sito na Costa do Cristo, 1ª planta, de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00 horas. A entrega farase á persoa interesada ou autorizada, e para iso só será necesario a presentación da anterior tarxeta xunto co DNI.

Compartir: