EMPREGO

A Axencia Local de Colocación pon a disposición dos empresarios a información relativa aos incentivos á contratación

29/08/2012 A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, e a directora xeral de Promoción do Emprego, Amparo González, presentaron os dípticos informativos nos que se establecen os requisitos para que os empresarios poidan solicitar os programas de axudas á contratación postos en marcha pola Consellería de Traballo e Benestar. O acto celebrouse na sede da Confederación de Empresarios de Galicia.

Estes incentivos céntranse en tres liñas fundamentais: incentivos á contratación indefinida (cos programas CONII, de contratación indefinida inicial; CONII P, de contratación indefinida a tempo parcial; e Estabiliza, de transformación de contratos temporais en indefinidos); incentivos á contratación de mozos e mozas con baixa cualificación (Programa Forcon); e incentivos á contratación temporal (Programa Inserta, de incentivos á contratación temporal; e Programa EMPORFOR, de incentivos á contratación temporal a tempo parcial).

Os tres dípticos presentados recollen os requisitos para que as empresas que o desexen poidan solicitar estas axudas: características das empresas beneficiarias das axudas, formalización dos contratos, incentivos, requisitos das contratacións levadas a cabo para que poidan ser obxeto de axuda, exclusións e obrigas entidades beneficiarias.

A Axencia Local de Colocación porá a disposición de todos aqueles empresarios que o desexen estos folletos, de xeito que se poidan informar sobre estes incentivos. Tamén estarán a disposición dos empresarios na sede da Confederación de Empresarios de Galicia e en organismos como a Cámara de Comercio

Paula Prado referiuse ao papel que neste ámbito realiza precisamente Axencia Local de Colocación, "facilitando que os desempregados da cidade poidan acceder á información, así como todos aqueles empresarios que o desexen". Para a concelleira, "resulta fundamental facilitar aos empresarios toda a información de axudas relacionadas co fomento da contratación e co favorecemento da empregabilidade". Por iso, referíndose aos dípticos informativos sobre estas axudas, agarda que o seu coñecemento, máis a coordinación e comunicación fluída entre as administracións, "axuden a crear postos de traballo".

Documentos relacionados



Compartir: