ALCALDÍA

O alcalde recibe en Raxoi unha delegación de alumnos da Universidade de Helsinki

20/08/2012 A alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu unha delegación de 17 alumnos da Universidade de Helsinki (Finlandia). O acto contou coa presenza do vicedirector do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, Antón Pazos, e do concelleiro de Relacións Institucionais, Francisco Noya.

Ángel Currás trasladou aos universitarios e aos mestres que os acompañaban a súa "satisfacción" por recibilos no Pazo de Raxoi, no marco das xornadas de traballo acerca do Camiño de Santiago nas que se atopa inmerso este grupo de alumnos da Universidade de Helsinki, e das que sacaron tempo para practicar un treito del.

O alcalde incidiu nos "lazos" que vinculan Santiago de Compostela con Helsinki, tanto por ter sido ambas urbes Capitais Europeas da Cultura no ano 2000, como pola gran cantidade de representacións iconográficas do Apóstolo Santiago e da peregrinación a Compostela que dende a Idade Media están presentes en Finlandia.

Por esa razón, Ángel Currás animou os composteláns a visitar o país nórdico, salientando os valores compartidos do Camiño de Santiago como vía de unión e intercambio cultural.

Documentos relacionados



Compartir: