PARTICIPACIÓN CIDADÁ

As obras de recuperación do campanario da igrexa de Laraño comezarán en setembro

19/08/2012 O concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, comunicoulle á asociación veciñal de Laraño e ao párroco que as obras de recuperación do campanario da igrexa parroquial comezarán a primeiros de setembro.

O edil realizou este anuncio aproveitando a súa presenza en Laraño para participar, portando unha das cintas do estandarte, na procesión de San Roque. Acompañouno o concelleiro Juan de la Fuente, que levou o devandito estandarte.

As obras no campanario, que serán executadas polo Consorcio de Santiago, durarán uns tres meses.

Compartir: