DEPORTES

O Concurso de Fotografía Deportiva chega á súa décima edición

03/05/2006 O Concello de Santiago de Compostela convoca o X Concurso de Fotografía Deportiva, que este ano premiará ó gañador cun premio en metálico de 900 euros. O concelleiro de Deportes, Manuel Portas, presentou esta nova edición do certame, ó que se presentarán fotografías con temas deportivos ou relacionados con calquera faceta ou práctica deportiva, non necesariamente competitiva.

Cada concursante poderá presentar un máximo de tres fotografías e deberán entregalas no Departamento de Deportes, no Estado Municipal de San Lázaro, antes das 14 horas do día 7 de xuño. Os premios para os tres primeiros serán de 900, 675 e 375 euros respectivamente e os gañadores serán elixidos por un xurado composto por técnicos municipais e fotógrafos profesionais e presidido polo concelleiro de Deportes.

Compartir: