EDUCACIÓN

O IES de Sar gaña o XI Certame de Teatro Intercentros

03/05/2006 A obra "A derradeira promesa", representada polo Insituto de Ensino Secundario de Sar foi a gañadora do XI Certame de Teatro Intercentros de Compostela e comarca. Os rapaces deste centro terán a oportunidade de representar a súa obra no Teatro Principal o luns 8 de maio ás 20:00 horas.

A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, presentou esta actuación, punto final dunha nova edición deste certame, no que participaron oito centros escolares. "Tratábase de achegar ós alumnos ó teatro e facelo pola vía do galego, contribuíndo así á posta en valor do noso idioma", sinalou.

Yolanda Rodríguez, en representación dos institutos participantes, destacou "a importancia do feito teatral no ensino coma algo normalizador, tanto no eido da busca da corrección lingüística como da incorporación do alumnado inmigrante, e como medio de fomentar a solidariedade e responsabilidade entre os alumnos". Así mesmo, referiuse á unanimidade da elección da obra gañadora, "A derradeira promesa", unha representación que xira en torno ó circo.

Compartir: