CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ruta en bicicleta polo Pedroso no marco das actividades de "Vive o verán"

27/07/2012 Seguen as actividades do programa Vive o verán 2012. O domingo 29 de xullo, na Granxa do Xesto, a partir das 10:00 horas, celebrarase unha ruta en bicicleta de montaña polo Pedroso.

Esta ruta en mountain bike está aberta a todo aquel que queira participar, co único requisito de que sexa maior de 14 anos. A inscrición poderá realizarse o mesmo día na Granxa do Xesto. A proba está organizada coa colaboración de Aquagest.

Compartir: