ALCALDÍA

Encontro de Ángel Currás con Paulo Caucci

27/07/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi o profesor Paolo Caucci, director da Cátedra de Estudos Xacobeos da Universidade de Perugia.

As dúas cidades veñen mantendo nos últimos anos estreitos lazos de colaboración. Ao igual que Santiago, Perugia é unha cidade universitaria que dende hai 25 anos mantén unha Cátedra de Estudios Xacobeos que envía cada ano decenas de estudantes a Compostela. Esta cátedra, dirixida polo profesor Paolo Caucci, foi unha das principais entidades recuperadoras e impulsoras do Camiño.

Compartir: