RELACIÓNS VECIÑAIS

Novos cursos para as entidades veciñais

03/05/2006 A Concellaría de Relacións Veciñais programa unha serie de cursos formativos dirixidos ás asociacións de veciños de Santiago. A asociación sen ánimo de lucro Turmalina encargarase de impartir estas sesións formativas, que se desenvolverán nos centros veciñais.

O calendario de cursos inclúe as seguintes materias: danza creativa e expresión corporal, relaxación creativa e masaxe sensitiva, obradoiro de risoterapia, obradoiro de musicoterapia, cociña sa e creativa, conservación de alimentos, respiración e movemento terapéutico e un espazo da terceira idade. A duración de cada curso é de 4 sesións dunha hora e media semanal. Poden participar ata un máximo de 30 participantes por cada obradoiro.

Compartir: