DEPORTES

Corenta e catro nenos e nenas participaron no campamento do CD Conxo

26/07/2012 O venres 27 de xullo clausúrase o I Campus de Verán do Club Deportivo Conxo. O Concello colaborou con esta iniciativa, en cuxo peche estará presente o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e a futbolista compostelá Verónica Boquete, que será a madriña dos equipos femininos deste club.

Deportistas como Rubi (ex xogador do Lobelle), Suso Moure (ex xogador do Compostela e actual adestrador do Grixoa) ou os xogadores do Grixoa Emilio e Brais pasaron polo Campus. Os 44 participantes tamén tiveron a oportunidade de visitar a concentración na Illa da Toxa do equipo Al Ittihad, de Arabia Saudí, adestrado polo galego Raúl Caneda.

Todo isto complementou as diversas actividades que se viñeron realizando dende o 25 de xuño: deportes, inglés, teatro, manualidades, música, xogos tradicionais ou saídas ás piscinas de Sar e ao complexo acuático de Cerceda.

Con este Campus quíxose responder a unha demanda de conciliación familiar e laboral dos pais dos nenos e nenas do club, se ben ser abriu a toda a cidade.

Compartir: