XUNTA DE GOBERNO

O Concello cede unha vivenda a Cáritas en Fontiñas para o programa Abeiro

26/07/2012 A Xunta de Goberno local, na súa sesión ordinaria, deu conta da sinatura do contrato de autorización de uso por parte de Cáritas Interparroquial dunha vivenda municipal para o desenvolvemento do programa Abeiro.

Segundo explicou a voceira da Xunta de Goberno, Paula Prado, Cáritas Interparroquial poderá dispoñer así dunha das vivendas que o Concello dispón en Fontiñas. O programa Abeiro é unha iniciativa destinada a familias monoparentais con fillos menores de 18 anos, co fin de favorecer a súa inserción ou continuidade no mercado laboral. A cesión faise por un ano, prorrogable anualmente ata un máximo de catro exercicios.

Ademais, aprobouse a solicitude dunha subvención á Deputación da Coruña, por importe subvención de 26.521 euros, para o Plan de Desenvolvemento Xitano. O custo total do programa é de 39.584 euros. Tamén se pediu outra subvención, neste caso á Secretaría Xeral de Inmigración da Xunta, por 32.397 euros para a Unidade de Atención ás Migracións.

Documentos relacionados



Compartir: