FESTAS

Os portorriqueños Calle 13 encheron de ritmos urbanos a Quintana

25/07/2012 Un concerto de Calle 13 pechou o día grande das Festas do Apóstolo. A banda portorriqueña levou á praza da Quintana o seu espectáculo "Entren los que quieran", co que dan nome á súa xira europea de xullo e agosto e que é tamén é o título do seu último traballo editado ata o momento.

Avalados polos seus numerosos Premios Grammy, Calle 13 chegou a Santiago para encher a Quintana de ritmos urbanos, con esa fusión de xéneros tan característica da banda, aderezada con letras críticas e satíricas.

Compartir: