CONSORCIO

A Real Filharmonía participa nos actos con motivo do Día de Galicia

23/07/2012 Con motivo da celebración do Día de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia actuará no Hostal dos Reis Católicos para ofrecer un concerto institucional previo aos Fogos do Apóstolo. Baixo a dirección de Maximino Zumalave, interpretará obras de Gaos, Bach e Schubert.

Ao día seguinte, 25 de xullo, Día de Galicia, a orquestra volverá subirse ao escenario, nesta ocasión no Palacio de Congresos para participar no acto de entrega das Medallas de Ouro de Galicia. Amenizará a gala con pezas de dous compositores galegos: Castro "Chané" e Roxelio Groba. Culminará o acto coa interpretación solemne do Himno Galego.

As Medallas Galicia, máxima condecoración que concede a Xunta a persoas que destacaron polo seu labor, serán entregadas, a título póstumo, aos tres axentes do Corpo Nacional de Policía que falecían o pasado 27 de xaneiro cando trataban de rescatar a un estudante eslovaco que se afogaba na praia do Orzán, na Coruña. Tamén recibirán a condecoración a Academia Galega de Medicina e Cirurxía e o grupo musical Milladoiro, pola súa tarefa de recuperación e modernización da música tradicional galega.

Compartir: