FESTAS

Público de todas as idades encheu a praza da Quintana para escoitar a Real Filharmonía

21/07/2012 Continúan as actividades das Festas do Apóstolo. Na xornada do sábado 21, a protagonista principal foi a Real Filharmonía de Galicia.

De grande éxito pode cualificarse a experiencia de levar a Real Filharmonía de Galicia á Quintana e achegala así ao público. Así, composteláns e visitantes de todas as idades encheron a praza e gozaron dun concerto moi especial.

O galego Diego García dirixiu a Filharmonía nesta actuación aberta, composta por pezas curtas de Dvorák, Brahms, Rossini, Strauss ou Gershwin. O público refrendou o bo facer do director e da orquestra cos seus entregados aplausos.

Compartir: