ALCALDÍA

Recepción á Orde do Camiño de Santiago con motivo do seu XVI Capítulo Xeral

21/07/2012 A Orde do Camiño de Santiago celebrou o seu XVI Capítulo Xeral, dedicado nesta edición a Ecuador. Como parte dos actos previstos, os seus integrantes foron recibidos en Raxoi polo alcalde compostelán, Ángel Currás.

En nome da Orde falou o alcalde de Pamplona, Enrique Maya, quen pola tarde ía ser un dos investidos como cabaleiro da Orde. Tamén formaba parte da comitiva unha delegación ecuatoriana.

Pola mañá, a Orde asistira á tradicional misa do peregrino, na que realizou a súa ofrenda ao Apóstolo. Para a tarde estaba previsto o acto de investidura de novos cabaleiros e damas.

Compartir: