CENTROS SOCIOCULTURAIS

O programa "Vive o verán" levou 300 nenos e nenas de Santiago ao Aquapark de Cerceda

20/07/2012 O programa Vive o verán 2012 levou a outros 150 nenos e nenas de Santiago a gozar dunha xornada lúdica no parque acuático Aquapark de Cerceda. As prazas dispoñibles para esta segunda visita xa levaban cubertas dende hai semanas, o que da mostra da boa acollida desta iniciativa na cidade.

Con esta segunda visita xa son 300 os rapaces e rapazas da cidade que tiveron a oportunidade de gozar dun día de xogos no complexo acuático de Cerceda, grazas á iniciativa posta en marcha pola Concellería de Relacións Institucionais, Participación Cidadá, Centros Socioculturais e Festas.

O programa Vive o verán 2012, que comprende un total de 15 actividades -algunhas delas habituais durante todo o ano na rede de centros socioculturais composteláns e outras preparadas de xeito específico para a tempada de verán-, é tamén unha aposta máis do Concello pola conciliación familiar e laboral, cun total de 210 prazas, que se suman ás outras 515 prazas ofertadas pola Concellería de Educación dentro das iniciativas Escolas de Verán e Escola de Verán de Inglés.

Compartir: