MOBILIDADE

Inicio do prazo de recollida de tarxetas de aparcamento de residentes para os veciños dos barrios de Vite e Guadalupe

18/07/2012 O Departamento de Tráfico informa que dende o mércores 18 de xullo os veciños da zona 2 Vite-Guadalupe que dispoñan da tarxeta de aparcadoiro de residente de zona verde, deberán pasar a recoller a nova tarxeta que substitúe á anterior.

Poderán recoller a nova tarxeta todas aquelas persoas que sigan cumprindo os requisitos esixidos na Ordenanza, é dicir, estar empadroados persoa e coche no mesmo domicilio para o cal obtiveron a súa primeira tarxeta. Aínda que non é necesario achegar unha nova documentación, dende o Concello fíxose unha revisión de todas as tarxetas entregadas e anularonse aquelas que a día de hoxe non cumprían algún dos dous requisitos mencionados anteriormente.

A recollida farase no Departamento de Tráfico sito na Costa do Cristo, 1ª planta, de luns a venres en horario de 9.00 a 13.00 horas. A entrega farase á persoa interesada ou autorizada, e para iso só será necesario a presentación da anterior tarxeta xunto co DNI.

A entrega ao resto dos barrios que dispoñen de distintivo de zona verde farase por orde correlativa en función da zona e anunciarase previamente. En calquera caso, toda a información actualizada pode consultarse na páxina web do Concello: www.santiagodecompostela.gal e na Oficina de Atención ao Cidadán na rúa Salvador Allende.

Compartir: