ALCALDÍA

O alcalde visitou os barrios da Pontepedriña e do Sar para escoitar in situ as demandas dos veciños

17/07/2012 O alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás Fernández, visitou os barrios da Pontepedriña e do Sar para manter un encontro cos veciños e coñecer de primeira man o estado das infraestruturas nestas áreas da cidade.

O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado de varios concelleiros, visitou os barrios da Pontepedriña e do Sar para manter un encontro cos veciños que permitise coñecer de primeira man o estado das infraestruturas e atender as súas peticións nestas áreas da cidade.

O rexidor compostelán sinalou que o obxectivo destas visitas non é outro que coñecer as demandas dos veciños "in situ" xa que "dende os despachos ás veces é difícil" establecer unha relación de colaboración tan estreita.

No que se refire ás peticións dos veciños do barrio da Pontepedriña, relacionadas co cambio de ubicación dunha parada de autobuses, o alcalde sinalou que esta muda de lugar debeuse a motivos de seguridade, e comprometeuse a estudiar as razóns técnicas que ocasionaron este cambio para saber si poden ser solventados de xeito tal que cause os mínimos perxuicios ao conxunto da veciñanza.

Xa no barrio do Sar, Ángel Currás visitou as marxes do río Sarela, onde se comprometeu a iniciar os trámites cos organismos competentes sobre o río para, unha vez obtida a autorización pertinente, proceder ao acondicionamento da área --un depósito natural de lodos fluviais--.

O alcalde salientou a importancia da colaboración veciñal para mellorar o benestar de todos os composteláns e compostelás, polo que lles quixo transmitir o "agradecemento" por parte do Concello de Santiago ante o seu labor.

Documentos relacionados



Compartir: