DEPORTES

Éxito de participación na segunda carreira "CorreSan" con máis de 500 atletas polas rúas compostelás

16/07/2012 A segunda proba do circuíto CorreSan pechouse con grande éxito de público. O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, que participou na proba, salientou a importante afluencia a unha carreira peculiar tanto polo escenario, o Casco vello, como polo horario, arrancou ás 10 da noite.

Tras o éxito de participación da primeira carreira de CorreSan, celebrada no Campus Vida, o sábado 14 celebrouse a segunda proba das catro previstas. Tivo lugar polas rúas do Casco Histórico en horario nocturno.

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, indicou que participaron arredor duns 500 atletas composteláns e doutras partes de Galicia, que viviron unha proba nocturna de catro quilómetros, con saída e chegada na praza da Quintana. Ademais do Casco Histórico, a carreira pasou pola Alameda.

A proba para escolares (alevíns e cadetes), que percorreon 2,2 km, comezou ás 22:00 horas. A saída para os adultos tivo lugar ás 22:30 horas. Estes correron 4,4 km.

Compartir: