MEDIO AMBIENTE

A rede ‘Composteiros de Compostela’ habilitará seis puntos de creación sostible de cómpost orgánico en áreas verdes

16/07/2012 A concelleira delegada de Parques e Xardíns, María Castelao, presentou o plan ‘Composteiros de Compostela’, que creará 6 puntos de produción de cómpost libre de produtos fitosanitarios obtido dos restos vexetais recollidos nas tarefas de mantemento das áreas verdes. Coa creación desta rede de composteiros avánzase de cara a unha xestión máis sostible das zonas verdes compostelás, ao tempo que se reducen os custos derivados do tratamento dos restos vexetais por xestores autorizados externos e da propia xestión das zonas verdes.

O Concello de Santiago de Compostela habilitará unha rede de composteiros municipais, ubicados en 6 áreas verdes da cidade, coa fin de obter de xeito sostible cómpost orgánico a partir dos restos vexetais obtidos das tarefas de mantemento dos parques e outras áreas verdes .

A concelleira delegada de Parques e Xardíns, María Castelao, foi a encargada de presentar esta iniciativa municipal que camiña de cara a unha xestión máis sostible das zonas verdes da cidade, ao tempo que se reduce os custos derivados do tratamento destes restos por xestores autorizados externos. O custe de execución desta actuación, 183.858,28 euros, será asumido pola empresa concesionaria do servizo, dentro das melloras incluídas no contrato de concesión.

Tal e como sinalou María Castelao, coa creación desta rede de composteiros de pequena dimensión, ubicados nos propios parques, avánzase de cara a unha revalorización das zonas verdes de Santiago, ao tempo que se incide na súa xestión do modo máis sostible para o medio ambiente e a reducción de custos económicos. A concelleira tamén sinalou que aqueles restos que polas súas características non poidan ser utilizados para obter cómpost, serán destinados á producción enerxética –biomasa--, en liña coas directivas europeas de tratamento de residuos.

Costa Vella, a Selva Negra, Belvís, Volta do Castro, parque de Carlomagno e o viveiro municipal de Lamas de Abade serán os lugares onde se ubicarán estos composteiros. A súa habilitación levarase a cabo entre o mes de xullo e agosto, e o comezo da actividade será no mes de setembro, coa vista posta a obter cómpost entre o mes de xaneiro e febreiro.

Estímase que se produzan anualmente uns 1500 metros cúbicos –unhas 500 toneladas— de cómpost orgánico, máis sostible que aquel producido de xeito industrial ao carecer de produtos fitosanitarios. Estos composteiros, segundo explicaron a responsable do departamento de Parques e Xardíns e técnicos da empresa concesionaria, non suporán un perigo para a seguridade e benestar dos cidadáns, xa que o proceso non implica a aparición de malos olores, ao tempo que se garantiza a perfecta integración nas zonas verdes da cidade.

Documentos relacionados



Compartir: