SEGURIDADE CIDADÁ

O Concello e a Academia Galega de Seguridade colaboran na formación da Policía Local, Bombeiros e Protección Civil

16/07/2012 O alcalde de Santiago, Angel Currás, e o director xeral de seguridade, José Carlos García Bouzas, veñen de firmar un convenio de colaboración en materia de formación de policías locales, bombeiros e protección civil que permitirá o personal municipal formarse nestas instalacións.

Entre os cursos que se van desenvolver está o de intervención no consumo de bebidas alcohólicas en espacios públicos que se desenvolverá nos meses de verán. Completarase con outro previsto para despois das vacacións estivais de especialización na instrución de dilixencias, que se engade ao que se impartiu o ano pasado de elaboración de atestados, xa que en Santiago se está a crear un grupo especializado nesta materia.

Tamén se impartirán outros sobre violencia de xénero, especializado en atención ás vítimas, e outro de atención ao público.

O alcalde, Ángel Currás, cualificou como esencial este convenio de colaboración porque pretende abondar na formación que permitan unha maior capacitación do persoal da policía local e dos bombeiros que redundará nunha maior eficacia.

"Son actuacións decisivas para o Concello de Santiago no plano de formación neste ano 2012, polo que valoramos a disposición da academia", indicou o alcalde que xa adiantou que se continuará nesta liña.

Documentos relacionados



Compartir: