PARTICIPACIÓN CIDADÁ

"Imos coa asociación" levou os veciños de Villestro a Valença do Minho

15/07/2012 Nunha viaxe organizada pola Concellería de Participación Cidadá, máis de medio centenar de veciños de Compostela, acompañados polo concelleiro Francisco Noya, desprazáronse a Valença do Minho.

A excursión está enmarcada dentro do programa de Participación Cidadá "Imos coa asociación", destinado ás asociacións do rural. Neste caso, foron os veciños de Villestro os que se acolleron ao programa e eles sumouse o edil, que é natural desta parroquia. Amenizou musicalmente a viaxe o presidente da asociación veciñal, Jaime Rivera.

A excursión partiu de Santiago para facer unha parada en Baiona, Castro de Santa Tegra e rematar en Valença do Minho e Fortaleza.

Compartir: