CENTROS SOCIOCULTURAIS

O programa "Vive o verán" achega a tradición dos xogos populares a máis de 100 nenos e nenas da cidade

13/07/2012 O programa "Vive o Verán" achegou a tradición dos xogos populares a máis de 100 nenos da cidade. A actividade, que se levou a cabo na Casa das Asociacións de Cornes de 11:00 a 13:00 horas, foi posible grazas á colaboración prestada pola Asociación de Xogos Populares e Tradicionais.

Cada un dos participantes recibiu un diploma acreditativo nun acto ao que finalmente non puido asistir o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, por problemas de axenda. Esta xornada lúdica repetirase o vindeiro 27 de xullo, na liña de traballo do Concello de Santiago de ofrecer propostas lúdicas e de aprendizaxe durante a época estival a todos os nenos e nenas da cidade de entre 4 e 12 anos

O programa Vive o verán 2012, que comprende un total de 15 actividades -algunhas delas habituais durante todo o ano na rede de centros socioculturais composteláns e outras preparadas de xeito específico para a tempada de verán-, é unha aposta máis do Concello de Santiago pola conciliación familiar e laboral, cun total de 210 prazas, que se suman ás outras 515 prazas ofertadas pola Concellería de Educación dentro das iniciativas Escolas de Verán e Escola de Verán de Inglés.

Compartir: