ALCALDÍA

Urbaser colaborará co Concello para valar o perímetro do vertedoiro clausurado de Aríns

11/07/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, conversou co director xeral de Urbaser, José María López Piñol, nunha reunión á que tamén asistiron os concelleiros María Castelao e Juan de la Fuente. Da xuntanza saíu o compromiso de colaboración da empresa concesionaria do servizo de limpeza e recollida do lizo para valar o vertedoiro de Aríns e para impedir os vertidos ilegais no entorno do mesmo.

Ángel Currás lembrou que, nos últimos meses, o Concello acometera labores de limpeza e control nas inmediacións do clausurado vertedoiro de Aríns, onde se viñeran producindo vertidos ilegais. Pero co fin de solucionar definitivamente esta cuestión, indicou, "queremos a colaboración de Urbaser". Así, na reunión expresouse a vontade de "valar esta zona, na que ultimamente se acumularon restos inapropiados", así como de "realizar controis das escorrentía, das augas subterráneas e do entorno".

Así, Urbaser, farase cargo deste traballos, asumindo o compromiso de "solucionalo no prazo máis urxente posible", segundo apuntou o alcalde. En calquera caso, tamén volveu a facer unha chamada ao "civismo" e á "educación cidadá" para que non se siga depositando lixo naquel espazo.

Preguntado pola futura rexeneración do vertedoiro clausurado hai meses, afirmou que "haberá que abordala cando teñamos perfectamente illado o lugar" e unha vez os técnicos determinen a situación medio ambiental deste espazo. "Ese será o seguinte paso, pero agora o prioritario é que non se sigan depositando alí materiais", engadiu.

Compartir: