ALCALDÍA

O alcalde afirma que "a Mancomunidade non pode continuar na mesma situación"

10/07/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, indicou sobre o futuro da Mancomunidade de Santiago que "haberá que plantexarse o seu futuro" e que esta será "unha decisión que teremos que tomar entre os sete concellos que forman parte dela". O que si ten claro o rexedor municipal é que a entidade "non pode continuar na mesma situación".

"Manteño que a Mancomunidade pode ter sentido en aspectos como o parque comarcal de bombeiros, ou nunha política turística, por poñer un exemplo. Pode tamén haber outros servizos ou actuacións con intereses comúns, como o transporte", apuntou Ángel Currás. Pero a realidade –explicou- é que "leva dez anos sen actividade, limitándose a ingresar os recursos dos diferentes concellos, algúns dos cales xa acumulan débedas porque tampouco vían que tiveran resultado".

Explicou que existen "outras fórmulas" de colaboración que tamén poden ser interesantes, pero que "non se trata de cambiar o nome a unha entidade, senón de darlle contido e que este contido sexa útil para todos os concellos e que estes se sintan representados".

Compartir: