EDUCACIÓN

Os rapaces das Escolas de Verán convertéronse en pequenos científicos na primeira semana de actividades

06/07/2012 Na primeira semana das Escolas de Verán 2012, os nenos e nenas participantes tiveron a oportunidade de converterse en pequenos científicos grazas a unha serie de actividades en torno ao medio ambiente, a bioloxía, a astronomía e os inventos. O programa continúa ao longo do mes de xullo nos CEIP Raíña Fabiola, Ramón Cabanillas e Fontiñas. Asisten máis de 200 nenos e nenas.

A programación da semana coa visita do "Científico Tolo", unha personaxe divertida e despistada que lles explicou aos rapaces e rapazas as actividades que ao longo desa semana ían realizar. Estes tamén tiveron a oportunidade de realizar actividades relacionadas co medio ambiente, coa bioloxía (coñecemento dos animais de cada continente e dos océanos, a través da realización dun mural), coa astronomía (realización dunha maqueta dunha nave espacial) ou co mundo dos inventos, a través da fabricación dun reloxo de sol e dun pluviómetro.
Ademais, participaron en obradoiros de cociña, xogos de grupo e tradicionais, xogos de auga e bañáronse na piscina portátil que está instalada en cada un dos centros onde se realizan estas Escolas de Verán.

Compartir: