CULTURA

Cambio de data do Circo Acrobático Nacional de Pequín no Auditorio de Galicia

05/07/2012 O Circo Acrobático Nacional de Pequín, que tiña previsto presentar o seu espectáculo O soño dunha viaxe a Oriente en Santiago de Compostela o 22 de setembro, vese obrigado a cambiar a data para o día 1 de setembro por razóns alleas ao Concello de Santiago e á empresa organizadora (Art Music Agency). O motivo é unha reestruturación na axenda da compañía, tendo que finalizar a xira en España o 2 de setembro en lugar de 23 de setembro como estaba previsto.

As entradas que xa fosen adquiridas son válidas para a nova data. De todos xeitos, as persoas que ante o cambio de data desexen devolver a súa entrada, poderán facelo no punto de venda no que a adquiriron.

Ambas funcións manteñen o mesmo horario e recinto previsto, que será o Auditorio de Galicia, tendo lugar o primeiro pase ás 18:00 horas e o segundo ás 21:00horas. As entradas seguen á venda a través de www.novagaliciabanco.es e no despacho de billetes do Teatro Principal de Santiago de Compostela (aberto de 18:00 a 21:00 h de martes a sábado), cun prezo de 20 € e 10 € para menores de 12 anos.

Queda aberta a seguinte dirección de email: info@artmusicagency.es para calquera dúbida ou consulta que poida existir para a devolución de entradas.

Compartir: