ECONOMÍA

Aposta municipal pola promoción da produción agrogandeira de Santiago e dos concellos do seu entorno

05/07/2012 A concelleira de Turismo, Comercio e Mercados, Reyes Leis, presentoulles a representantes de Ames, Vedra e Rois o proxecto piloto Fomento da produción integrada no sector agrogandeiro e o comercio de proximidade.

Nesta reunión estudáronse as posibilidades de colaboración entre os concellos de Rois, Vedra, Ames e Santiago de Compostela no ámbito da promoción do produto agrogandeiro da nosa comarca nos mercados e comercio local. Este proxecto ten como obxectivo a creación dun sistema que permita ao consumidor identificar o produto agrogandeiro feito nestes concellos nos distintos formatos comerciais (pequena tenda, supermercado, mercados e feiras). Obteríase así a garantía de que este foi producido nun entorno próximo e cunhas condicións de produción respectuosas co medio ambiente .

Xunto a Reyes Leis participaron, polo Concello de Ames, o concelleiro de Promoción Económica, Bernardo Moar, e o axente de desenvolvemento local Juan Carlos Carreja; e polo concello de Vedra, o seu alcalde, Carlos Martínez, e a técnica de emprego Mª Cruz Vilas.

Compartir: