URBANISMO

Os cambios urbanísticos nas Casas de Ramírez outorgarán seguridade xurídica e facilitarán a instalación de ascensores

02/07/2012 A concelleira de Urbanismo, María Pardo, presentou a modificación puntual que pretende realizar o Concello no Plan especial de protección do patrimonio construído de interese cultural no ámbito das chamas Casas de Ramírez. Os obxectivos destes cambios son a regularización dos usos permitidos, posibilitar a instalación de ascensores e determinar as características estéticas que deberán ter los locais do ámbito.

Segundo explicou a concelleira, esta modificación, máis alá de modificar as determinacións de proteccións establecidas no seu día, busca garantir a súa correcta aplicación. Neste sentido, insistiu na necesidade do cambio á vista do deterioro do conxunto e da proliferación de elementos alleos (reixas, toldos, rótulos, carpintería...) que alteran a unidade do conxunto catalogado e protexido.

Un dos obxectivos da modificación é regular os usos permitidos en baixos, sotos e semisotos, acabando coa situación de inseguridade xurídica existente e permitindo a legalización de moitas das actividades que na actualidade se desenvolven no ámbito. Así, María Pardo explicou que a interpretación que da norma se viña realizando neste tema provocou que os cambios de actividade realizados con posterioridade a 1988 non tiveran amparo legal, de xeito que a maior parte dos establecementos existentes nos baixos e as actividades desenvolvidas en sotos y semisotos carece na actualidade do devandito amparo legal.

A nova interpretación proposta propón trasladar a protección ao edificio e á súa configuración formal, non ás actividades concretas, facendo unha ampliación de usos, permitíndose os mesmos que en calquera zona da cidade. Agora posibilitarase o exercicio de actividades comerciais con seguridade xurídica, sen menoscabar un ápice a protección do conxunto catalogado. Non se permitirán actuacións coma o peche ou cubrición dos patios que separan as diferentes vivendas para ampliar os locais, a unión de varios baixos para formar locais mas grandes ou a alteración dos ocos das vivendas en plantas baixas para por negocios cara o público el público. En definitiva, trátase de impedir que se altere e se desvirtúe a concepción orixinal do edifico

Ascensores
Outro obxectivo da modificación é a regulación no Plan especial da instalación de ascensores. Este cambio xa fora instado no seu día pola Dirección Xeral de Patrimonio co fin de eliminar trabas legais para este tipo de instalacións. Agora o que se fai é unha ampliación da edificabilidade unicamente para facilitar estas instalacións.

Considérase que a instalación de ascensores ou outros elementos de accesibilidade non é incompatible coa normativa de protección, contribuíndo en realidade á súa posta en valor. A configuración dos edificios fai que o único lugar onde se poidan instalar estes elevadores sexa nos espazos libres en torno á caixa das escaleiras.

Uniformidade estética
Finalmente, a regulación completarase cunha remisión a un estudo de detalle para determinar as condicións estéticas dos locais en canto a materiais e colores, buscando unha "uniformidade estética", indicou a concelleira. Na definición destes criterios estéticos permitiranse suxestións cidadáns e contarase coa colaboración do Consorcio de Santiago.

Casas de Ramírez
O conxunto coñecido como Casas de Ramirez foi o resultado dunha actuación pública levada a cabo a finais dos anos 50 e principios dos 60 para a construción dunha barriada de vivendas económicas. As obras executounas o Instituto Nacional da Vivenda sobre uns terreos municipais, cedidos polo Concello para este fin.

O arquitecto encargado de deseñar o conxunto foi Santiago Rey Cantera, autor tamén de outros edificios emblemáticos da arquitectura racionalista como o mercado de San Agustín ou o Estadio Municipal de Riazor, ambos na cidade da Coruña.

Finca do Espiño
Preguntada a concelleira pola Finca do Espiño, anunciou que se van estimar algunhas das alegacións ao borrador do convenio coa empresa Layetana, polo que se producirá algún cambio no mesmo. O principal deriva de que non será a firma a que contrate as obras de recuperación da finca e do palacete, senón que, para dar seguridade xurídica, será o Concello o que o faga.

Tamén en relación a este tema, María Pardo recordou que xa en agosto se iniciaron os trámites para cobrar a débeda que a empresa debe satisfacer ao Concello por sentenza xudicial. "Independentemente disto, queremos que se realice a obra para abrir canto antes o parque ao público", indicou. Por iso, segundo explicou, estívose traballando en paralelo nos pregos para que, unha vez aprobados os orzamentos, se poida licitar a actuación canto antes.

Documentos relacionados



Compartir: