ALCALDÍA

O alcalde traslada ao adestrador do Obradoiro a petición formal para que sexa o pregoeiro das festas do Apóstolo

26/06/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, vén de trasladar ao adestrador do Obradoiro, Moncho Fernández, a petición formal para que sexa o pregoeiro das Festas do Apóstolo.

Considera que o seu traballo no Obradoiro o fai merecedor desta tarefa, que está seguro desenvolverá coa paixón coa que desempeña o seu labor á fronte do equipo de baloncesto, que cos seus éxitos está a crear unha nova ilusión na cidade.

Así mesmo, sostén que é tamén a expresión do apoio ao club nun momento no que a súa conversión en S.A. esixe o compromiso de todos.

Compartir: