COMERCIO

A Mesa do Comercio compostelán informa favorablemente os proxectos presentados polas asociacións comerciais

25/06/2012 A Mesa do Comercio compostelán, composta polas administracións e polo axentes vinculados co sector comercial da cidade, reuniuse no Pazo de Raxoi para informar sobre os proxectos de dinamización comercial presentados polas asociacións comerciais da cidade. Segundo a normativa que regula as Mesas Locais de Comercio, é obrigatorio que informen sobre todos os proxectos de dinamización comercial que perciban fondos públicos de calquera administración.

Na reunión presentáronse proxectos por parte de Acotés, Compostela Monumental, Santiago Centro e Espert@ Conxo, unha asociación comercial de creación recente que ten por obxecto fomentar o pequeno comercio no barrio de Conxo. Os proxectos presentados polas asociacións comerciais foron todos informados favorablemente por parte da Mesa.

Compartir: