EDUCACIÓN

Composteláns e turistas sumáronse á celebración do Día Europeo da Música

22/06/2012 Varios concertos e veladas musicais en prazas e rúas da cidade conmemoraron en Santiago o Día Europeo da Música. Os composteláns sumáronse a esta iniciativa asistindo masivamente ás actuacións.

A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, asistiu a algunhas destas actividades, nas que colaboraron as diferentes escolas de música da cidade. O programa continúa nesta xornada de venres cunha actuación no hospital clínico de Santiago do coro de nenos e solistas de Escola estudio e actuacións a partir das 18:30 horas na praza Roxa de diferentes agrupacións musicais, para rematar a partir das 20:00 horas no Casino de Santiago cun concerto do profesorado e alumnado da Escola Municipal de Música.

Compartir: