TURISMO

Expertos internacionais debaten en Santiago sobre destinos turísticos e patrimonio

21/06/2012 Os días 21 e 22 de xuño celébrase en Santiago a 1st EJTHR International Conference destination branding, heritage and authenticity. O concelleiro Luis Bello asistiu en representación do Goberno municipal á apertura desta conferencia, que reúne a destacados especialistas no ámbito da investigación turística, situando a Santiago nun lugar relevante do debate turístico.

As sesións académicas contan coa presenza de expertos como John Eade, da Universidade de Roehampton; Mike Robinson, da Universidade de Birmingham; Agustín Santana Talavera, de La Laguna; Noga Collins, da Universidade de Haifa; ou Knut Lindkvist. Ademais, está prevista a intervención doutras especialistas como Anna Trono, da Universidade de Salento; Maria Santos, do Instituto Politécnico de Leiría; ou Fiorella Daralli, da Universidade de Boloña, entre outros.

O programa inclúe tamén o debate de máis de 100 traballos multidisciplinares presentados por especialistas procedentes de 30 países, como Australia, India, Turquía, Nixeria, Brasil, Italia, Portugal, Israel ou Irán.

Pola tarde, ás 20:00 horas, a concelleira Amelia González recibe os participantes neste Congreso.

Compartir: