TURISMO

A cidade acolleu máis de 50 congresos e xornadas no primeiro semestre

21/06/2012 Santiago de Compostela acolleu máis de 50 congresos e xornadas no primeiro semestre do ano. O sector con maior número de congresos foi o sector sanitario, con quince eventos celebrados na cidade, entre os que se inclúen os de maior número de participantes.

Nestes meses celebráronse cinco congresos con máis de 500 persoas. Todos eles contaron coa colaboración do Santiago de Compostela Convention Bureau, servizo de Turismo de Santiago para a promoción da cidade como destino de congresos.

O congreso con maior número de participantes é o 88 Congreso da Sociedade Europea de Ortodoncia (EOS), que se está a celebrar esta semana e ao que asisten máis de 3.000 profesionais de toda Europa. Segundo as estimacións do presidente do Congreso, David Suárez Quintanilla, este congreso terá un impacto económico na cidade de dous millóns e medio de euros.

Tamén se celebraron outros dous congresos con máis de 1.000 participantes. Foron o XXV Congreso Nacional de Técnicos Superiores de Laboratorio de España (AETEL) e LIV Congreso Nacional da Sociedade Española de Xeriatría y Xerontología (SEGG). Ademais, celebráronse outros dous congresos con máis de 500 participantes, o Congreso Ibérico de Implantoloxía Clínica e o IX Foro sobre a Avaliación da Calidade da Investigación e da Educación Superior.

Compartir: