CENTROS SOCIOCULTURAIS

IV Encontro Interxeracional de Xadrez no Centro Sociocultural das Fontiñas

22/06/2012 Case un centenar de xadrecistas de toda Galicia déronse cita no Centro Sociocultural fas Fontiñas para participar no IV Encontro Interxeracional de Xadrez. O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, asistiu ao evento

Neste encontro predominaráon as partidas espectáculo e interxeracionais. Paralelamente, no CSC instalouse unha exposición filatélica sobre a historia do xadrez en imaxes e realizouse unha visita guiada pola mesma co profesor Xosé Guitián.

Os grandes mestres Pablo García, Diego Suárez e Ángel Paredes, que acumulan varios campionatos de España entre ambos, participaron de forma activa no evento, organizado pola Rede de Centros Socioculturais do Concello, que promove o xadrez dentro do seu programa de actividades e que conta con máis de 200 alumnos nos seus centros.

Compartir: