AEROPORTO

Nova conexión aérea de Air Berlín coa cidade austriaca de Linz

26/04/2006 Dende o vindeiro 1 de maio, Air Berlín ofrece unha nova conexión aérea entre Santiago e Linz (Austria), vía Palma de Mallorca, con 4 voos semanais (luns, mércores, venres e domingos), dende 59€. A saída dende Santiago é ás 17:10 horas, mentres que o voo de Linz sae ás 11:55 h.

Os directivos de Air Berlin estarán en Santiago o xoves 27 de abril para presentar esta nova conexión, coa que xa son 24 os destinos que ofrece dende Santiago, vía Palma de Mallorca, esta compañía de baixo custo. Entre os voos ofrecidos, 16 son diarios, con conexións a 17 aeroportos en Alemaña: Berlin-Schönefeld, Berlin-Tegel, Bremen, Colonia/Bonn, Dortmund, Dresden, Düsseldorf, Erfurt, Frankfurt, Hamburgo, Hannover, Leipzig-Halle, Munich, Münster/Osnabrück, Nuremberg, Paderborn/Lippstadt e Stuttgart; 3 en Austria: Linz, Salzburgo e Viena; 1 en España: Palma de Mallorca; 1 en Holanda: Ámsterdam; 1 en Inglaterra: Londres/Stansted e 1 en Suiza: Zurich. O prezo por traxecto a/dende Palma de Mallorca é dende 29€.

Con 13,5 millones de clientes en 2005, Air Berlin, é a segunda compañía aérea de Alemania, despois de Lufthansa, e a terceira na clasificación europea de líñas aéreas de baixos prezos. Conta na actualidade cunha flota de 56 avións e, ó longo deste ano a compañía recibirá seis avións do modelo Airbus A320, e prevé que os 49 avións adicionais deste tipo se entreguen de aquí ao 2011.

Compartir: