ALCALDÍA

O Museo das Peregrinacións abrirá a primeiros de xullo cunha exposición sobre a Compostela do século XIII

20/06/2012 O alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Ángel Currás, anunciou que o Museo das Peregrinacións e de Santiago abrirá a primeiros de xullo cunha exposicion sobre a Compostela do século XIII.

Realizadas as últimas probas técnicas, estase xa montando esta exposición inaugural, na que incluso haberá pezas do actual Museo das Peregrinacións. En particular, Ángel Currás, referiuse aos traballos que se están a realizar para recuperar a maqueta da Catedral traída dende Sobrado.

Compartir: