ALCALDÍA

Santiago de Compostela aspira a converterse en cidade amiga da infancia

20/06/2012 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu o presidente de UNICEF Galicia, Manuel Sánchez Macho. Non encontro falouse dos requisitos e trámites para que Santiago se converta en cidade amiga da infancia.

Ángel Currás salientou a importancia de que os Concellos, dende as súas parcelas de actuación, defendan a infancia. Neste sentido, referiuse a medidas xa adoptadas como a xestión dos comedores escolares ou diversas actividades extraescolares e comprometeuse a seguir traballando nesa liña.

No horizonte está que Santiago se una á rede de cidades amigas da infancia, obxectivo para o que, segundo o presidente de UNICEF Galicia, xa están sentadas as bases. Para lograr esta cualificación, apuntou, será necesario que o Concello teña un plan da infancia transversal, no que se impliquen as diversas concellerías. "O Concello debe comprometerse a escoitar os nenos e a ter en conta no posible as súas ideas e propostas", indicou Sánchez Macho.

Documentos relacionados



Compartir: