EDUCACIÓN

Inaugurada a exposición "O encontro na poética de Eugenio Granell"

19/06/2012 O Arquivo da Cidade da Cultura acollerá ata o 2 de decembro a mostra O encontro na poética de Eugenio Granell, a primeira das motras programadas pola Fundación do artista en diferentes espazos da cidade para celebrar neste 2012 o centenario do seu nacemento.

A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, asistíu á inauguración da exposición. Comisariada por Natalia Fernández e Eduardo López Valiña, a mostra inclúe debuxos, óleos e construcións do artista.

Compartir: