DEPORTES

Felicitación municipal ao equipo feminino do Arteal Tenis de Mesa polo seu ascenso

15/06/2012 Os concelleiros Paula Prado e Adrián Varela recibiron as integrantes do equipo feminino do Arteal Tenis de Mesa: Raquel Bonilla, Teresa Nine e Jin Zhang. Estiveron acompañadas en Raxoi por José Alborés.

As tenistas foron felicitadas polo seu recente ascenso á máxima categoría do tenis de mesa español, culminando unha gran temporada na que remataron como líderes da División de Honra feminina sen coñecer a derrota. O salto de categoría confirmouse na recente fase de ascenso disputada en Almería.

Compartir: