DEPORTES

O facho dos I Xogos Interautonómicos Special Olympics percorreu as rúas de Santiago

14/06/2012 Todo listo para a celebración dos I Xogos Interautonómicos de Atletismo Special Olympics Galicia nas instalacións de atletismo da Universidade de Santiago. O facho olímpico percorreu as rúas de Compostela, partindo da rúa Neira de Mosquera para chegar á praza do Obradoiro, onde foi recibido polo alcalde, Ángel Currás.

Os concelleiros Paula Prado, Albino Vázquez, Francisco Noya e Adrián Varela tamén participarán nalgunha nove postas. Estiveron acompañados, respectivamente, por Iván Raña e Ezequiel Mosquera; José A. Rubiños, de Aspanane; María Adelaide, de Prodeme; e José A. Vázquez, de Aspanane.

O venres 15, ás 20.00 horas, celebrarase o acto de apertura no pavillón universitario, abrindo uns Xogos Interautonómicos cuxas probas atléticas se desenvolverán nas xornadas do sábado 16 e domingo 17 nas instalacións de atletismo da USC, no Campus Vida. Participarán uns 170 atletas.

O evento pecharase o domingo 17, ás 13:30 horas, cun acto de clausura no pavillón ou nas pistas de atletismo, segundo o clima. Antes, ao longo da mañá irán concluíndo as diferentes probas e entregándose os premios aos participantes.

Compartir: