EDUCACIÓN

Amplíase o prazo de solicitude de participación na Escola de Verán de Inglés

13/06/2012 A Escola Municipal de Verán de Inglés 2012, English Summer School, organizada pola Concellería de Educación, amplía o prazo de inscrición no o programa. Todas aquelas familias que fixeron a solicitude correspondente nos prazos fixados e que cumpriron os requisitos da convocatoria teñen xa adxudicada a praza.

Os solicitantes fóra de prazo iranse admitindo por orde de inscrición no Rexistro Xeral do Concello ou nos rexistros auxiliares (tendo preferencia os empadroados no Concello de Santiago), ata cubrir as prazas dispoñibles para cada quincena.

Os interesados deberán entregar a seguinte documentación: unha fotografía, fotocopia de familia numerosa (se é o caso), certificado do centro escolar onde estuda, indicando o curso realizado polo alumno/a e fotocopia da tarxeta da seguridade social ou seguro médico.

Prezos e modalidades
Para aqueles que participen durante todo o mes de xullo, o prezo é de 180 euros. Non obstante, aplicarase un desconto do 20% a aqueles solicitantes que acrediten ser familia numerosa ou acrediten ser o segundo ou posterior membro da familia que participe nesta Escola de Verán. A cota de inscrición para unha quincena é de120 euros. Nos prezos están incluídos todos os gastos (matrícula, seguros, materiais, profesorado e actividades).

O horario das actividades é de 9:00 a 14:00 horas. Ademais, aquelas familias que o necesiten poderán deixar aos seus fillos/as a partir das 8:15 horas, período no que permanecerán a cargo do persoal da Escola de Verán de Inglés ata o inicio das actividades.

Máis información nos teléfonos 981 554 400/1 ou a través da dirección de correo electrónico dptoeducacion@santiagodecompostela.gal.

Direcciones relacionadas



Compartir: