ALCALDÍA

Santiago de Compostela acolle o IX Foro Internacional de Avaliación da Calidade da Investigación e da Educación Superior

12/06/2012 A Escola Galega de Administración Pública acolle do 12 ao 15 de xuño o IX Foro Internacional de Avaliación da Calidade da Investigación e da Educación Superior (FECIES). O alcalde recibiu os participantes no salón nobre de Raxoi.

O FECIES ten como obxectivos coñecer a nova organización das ensinanzas universitarias; analizar e debater sobre a selección do profesorado e sobre a situación do doutoramento en España e na UE; así como coñecer os distintos plans das universidades para potenciar a investigación, a calidade e a converxencia e coñecer as distintas ferramentas para avaliar a calidade da investigación científica.

Compartir: