BENESTAR SOCIAL

Máis de 500 persoas de toda Galicia viviron unha xornada de convivencia e integración

11/06/2012 Celebrouse no recinto feiral de Amio a Xornada de convivencia en prol da integración, coordinada polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte. Máis de 500 persoas de toda Galicia (familias, usuarios, profesionais e voluntarios), puideron vivir esta xornada participando conxuntamente en diversas actividades deportivas e lúdicas.

Participaron asociacións de diferentes sectores como a discapacidade intelectual, física e sensorial, o lecer, os menores ou as enfermidades mentais, así como moitas familias que se achegaron ata o recinto ferial de Amio. As entidades participantes foron: Amicos do Barbanza, ASPAVI, ASPACE, Fonte da Virxe, ASPADISOL, ASPAS, FEAFES, APACESCO, APAMP, ASPANANE, Fundación Down, Valle Miñor, ASPRONAGA, Asociación Compostelá de Nenos Hiperactivos, Fundación ADCOR, ASPADEZA, ASPABER, TP GALICIA, ASBIGA, Sarela, ASPANAES e Asociación de Persoas Xordas de Santiago.

A maioría dos voluntarios cos que contou a organización eran alumnos e alumnas do Colexio La Salle, que dinamizaron a Xornada e colaboraron para que as persoas con necesidades de apoio participaran en todas as actividades. A concelleira de Familia e Benestar Social, Paula Prado, tamén se achegou ata Amio para clausurar a xornada.

As actividades que se realizaron foron as seguintes: partidos de fútbol e baloncesto, ximcana de probas adaptadas, obradoiros de manualidades (cerámica, punto de cruz, papel reciclado, telares, encadernación, marcapáxinas, coiro, tapices e cestos), obradoiro de lingua de signos, bingo interactivo (realizado pola Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos), un futbolín humano, unha exhibición realizada polo Club Canino "Só lles falta falar" e unha mostra de Handbikes (apoios técnicos para persoas con mobilidade reducida) a cargo do Grupo EMS.

A xornada contou co patrocinio das seguintes entidades: Concello de Santiago, Alcampo, Cocacola, Feiraco, Eroski, Gadis, El Corte Inglés, Froiz, Sanap, Mondariz, Cafetería A Ras de Ras, Sociedade Deportiva Compostela e Special Olympics Galicia.

Esta iniciativa está incluída na medida denominada Programas de dinamización social, igualdade de oportunidades, formación e educación de colectivos en risco de exclusión, no marco do Proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Compartir: