CENTROS SOCIOCULTURAIS

Cheo na igrexa da Universidade para o concerto final de Compostela Cine Classics

11/06/2012 O programa Compostela Cine Classics pechou á súa primeira edición cun concerto que colgou o cartel de aforo completo, con case 200 persoas, na igrexa da Universidade. O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, non quixo perderse este concerto especial.

O concerto estaba composto por versións vocais de temas míticos da historia do cine versionados de forma brillante por un grupo vocal de 15 persoas creado especificamente para a ocasión, dirixido polo profesor de canto, mestre e logopeda Pablo García Ferradás. Interpretaron 12 temas, entre os que destacaron cancións de musicais americanos, un tema de Disney ou unha versión do tango "Volver", da película do mesmo nome de Pedro Almodóvar .

O grupo vocal tamén contou coa colaboración dun percusionista, unha pianista e da sorpresa final da actuación da cantante Nastasia Zürcher como solista do tema "I will follow him", do filme Sister act.

O concerto tivo tintes didácticos, con presentacións de cada canción a cargo da xornalista e profesora da Duke University Alejandra Juno, unha das colaboradoras do programa.

Compostela Cine Classics pechou así a súa exitosa primeira edición, que contou con máis de 1.000 espectadores nas 20 actividades do programa, desenvolvido ao longo de 11 semanas.

Compartir: